O Ría de Betanzos decidirá en asemblea se acepta que o Concello asuma a titularidade do edificio portuario

Piraguas no Mandeo Imaxe do facebook de Protección Civil

O clube de piragüísmo realizará unha asemblea para debatir se acepta que o edificio público que ocupa no porto pase a ser de titularidade municipal a fin de deixar de soportar o pago do canon anual de 6000 euros, o imposto municipal de bens inmobles e os gastos do edificio que ocupa.

Portos de Galicia descartou a posibilidade de desafectar o edificio da zona portuaria, o que permitiría suprimir o canon.