O primeiro premio da campaña de Nadal de ACEBE deuno Comercial Veiga

Inauguración da carpa da campaña de Nadal de ACEBE: a concelleira de comercio, a presidenta de ACEBE, a alcaldesa e o voceiro do BNG

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) celebrou onte ante notario o seu sorteo da campaña de Nadal. Esta campaña desenvolveuse entre o 10 e o 31 de decembro e supuxo, ademais da carpa con actividades infantís no Campo, que se repartiran 200 000 boletos entre os clientes das empresas e comercios asociados a ACEBE.CCA.

Os números gañadores no sorteo realizado ante notario o día 8 de xaneiro de 2019 son os seguintes:

Primeiro Premio (500 euros)
Comercial Veiga • 023020

Segundos Premios (250 euros)
Gadis • 195000
Suárez Mallo Clínica Dental • 006678

Terceiros Premios (100 euros)
No sólo flores • 114348
Javier Moda Hombre • 042560
Vicente de la Fuente • 033550
Freesia • 008659
Peluquería Xabela • 007149