O PP súmase ao BNG e demanda información sobre a RPT que deixa fóra aos laborais temporais

O voceiro do PP nunha comparecencia con varias edís

O PP sumouse á crítica de BNG e CIG ao executivo local sobre a aprobación da nova Relación de Postos de Traballo.  Os conservadores demandaron ao executivo que convoque aos grupos “de forma inmediata” para explicar en detalle as consecuencias do anuncio realizado polo edil de persoal, Diego Fernández, no último pleno asegurado que a RPT en vigor, aprobada fai dez anos, “non ten validez xurídica” e que na nova non terán encaixe os empregados laborais temporais en situación de fraude de lei.

A dereita asegura que pide desde principios de mes información por escrito sobre a situación destes traballadores sen obter resposta. Os populares denuncian que son preto de setenta os empregados laborais temporais “nun limbo xurídico” e nunha “situación perigosa”. Reclaman ao goberno local que faga “un seguimiento exhaustivo e analizar detalladamente os motivos de que estes postos laborais non fosen regulados xuridicamente desde o inicio da súa contratación” e afirma que a maioría teñen máis de 12 anos de antigüidade.

O BNG provocou a Diego Fernández ata que confirmou o rumor

A CIG avanzou a pasada semana que varios traballadores xa iniciaron os trámites para denunciar ao Concello por este motivo, confirmando o rumor que desde hai semanas hai en Betanzos. No pleno da pasada semana o BNG provocou ao concelleiro de persoal ata que acabou confirmando que deixan fóra da RPT a todo o persoal laboral temporal co argumento de que están en “fraude de lei”.

A pasada semana o BNG demandaba ao executivo local que dea toda a información nun asunto no que o goberno local non deu máis datos que os do pleno. O responsable de Persoal, Diego Fernández, nega que a aprobación da RPT poida facer perigar a situación dos traballadores temporais. O edil sostén que todos conservarán os seus postos aínda que queden fose da RPT e que poderán reclamar xudicialmente a súa indefinición.