O PP pide reducir a velocidade na N-651 e na DP-0906

Igrexa de San Martiño de Tiobre, no Camiño Inglés

A candidata do PP, Cecilia Vázquez, efectou unha visita a Betanzos o Vello para coñecer a parroquia de Tiobre. No transcurso dunha xuntanza con veciños do lugar, os conservadores comprometértonse a demandar o amaño das beirarrúas e viais da parroquia, que segundo aseguran adoecen de falta de mantemento.

A dereita tamén exixirá a fin da falta de saneamento na Fontaíña e a mellora da iluminación na Xerpe. Neste sentido, tamén pedirán que se poña fin aos “excesos de velocidade principalmente en dous viais, un de titularidade estatal e outro provincial, para os que reclamaron novos límites de velocidade máis restrictivos acompañados de señalización luminosa”, en alusión á N-VI e a estrada a Campolongo.

Do mesmo xeito, o PP comprometeuse a pedir “un sistema de bonificación no aparcamiento público do centro da cidade”. “Ao fío da actualidade das últimas semanas, aproveitaron para denunciar a existencia dun pozo sen tapar” conclúe o comunicado coa relación de demandas veciñais entre as que está canalizar pluviais no núcleo de Betanzos O Vello ou reconstruír a capela de San Paio, demolidos os seus últimos vestixios precisamente cando o PP gobernaba o municipio.