O PP denuncia o “pacto de goberno encuberto” de PSOE e BN

O voceiro do PP, José Ángel Rodríguez

O PP denunciou o “pacto de goberno encuberto” de PSOE e BN a través do seu perfil oficial na rede social facebook. Os conservadores aseguran que van “darlle a razón a Betanzos Novo” e conceden que “non é casual que o goberno rematará coa ORA, fixera uns orzamentos participativos ou que destine 60.000€ en axudas e bolsas de estudo…”, uns méritos que a marca local de En Marea se atribuía nunha inserción no xornal da asociación de comerciantes e empresarios.

“Non é casual é un pacto de goberno encuberto” asegura o PP, que engade que “por conseguinte tamén podíamos dicir que a parálisis do goberno é consentida por Betanzos Novo”. A dereita, que comezou a lexislatura propoñendo ceder os seus votos para facer alcalde ao voceiro de BN e exalto cargo da Xunta con PSOE e PP, aproveita así o cambio de estratexia de BN, que de negar que tivese tratos co goberno local do PSOE pasou nos últimos meses a tratar de poñer en valor o seu acercamento ao executivo local. “Hai que pringar”, en definición do segundo edil de BN.

Unha viraxe que comezou para patrimonializar a supresión da ORA

Captura de pantalla

A viraxe comeou cando quixo atribuírse o protagonismo na supresión da ORA. Fíxoo a través da mesma rede social, admitindo un pacto co goberno local. A marca local de En Marea, que tomou como propio o posicionamento do BNG e chegou a presentar algunha moción idéntica á dos nacionalistas, asegurou que “O Goberno *ben de anunciar que non vai volver poñer a ORA nas rúas betanceiras. Isto non é casualidade. É froito dun dos condicionantes que lle puxo Betanzos Novo sobre a mesa. A política é a capacidade de chegar a acordos polo ben da maioría social deixando a parte os cálculos electorais”.

O seu edil Xosé Vales foi máis alá na mesma rede social publicando unha reflexión na que asegura que “dende fai meses suspendeuse o contrato da concesionaria da ORA, agora finalmente o Goberno do Concello anuncia que non a vai sacar a concurso outra vez. Isto sempre foi un condicionante os apoios puntuais que recibiu por parte de Betanzos Novo. En política hai que pringar e tentar chegar a acordos. Non me sorprende que os que nuncan pringan e sempre teñen máis que dicir se apunten agora o tanto tamén. Uns traballamos e outros só mandan notas a prensa”. A marca local de En Marea recoñece así, como viña denunciando o PP, que mantén un pacto de lexislatura co PSOE logo de tratar de facerse coa alcaldía nos compases iniciais da lexislatura precisamente co apoio do PP.