O goberno local enléase en redes con Amigos do Pasatempo polas obras no Retiro

O frontal da gruta da Recoleta sen broza e coa controvertida pasarela en primeiro termo

O goberno local, ou quen sexa que administra no seu nome a controvertida conta municipal oficial na rede social Facebook, viuse envolvido nunha lea na rede social hai uns días coa asociación de Amigos do Pasatempo a conta dos traballos que se iniciaron o 28 de xaneiro no Estanque do Retiro. Ese día, o perfil oficial do Concello na rede social aseguraba que “esta tarde preguntaron no noso perfil oficial de Twitter polas actuacións que se estaban a realizar no Pasatempo. A resposta foi clara. Nada parecido ao que se está a difundir por un grupo concreto noutra rede social, poñendo en boca do Concello de Betanzos algo que nunca dixo”.

Proseguía asegurando que “desde a semana pasada están en marcha os traballos para estabilizar o templete segundo o informe dos arquitectos Xan Casabella e Xosé Díez Vieites, autorizadas por Patrimonio”. E enfatizaba que “o informe sobre as actuacións necesarias que foi presentado para a súa autorización por parte de Patrimonio foi feito entre finais de outubro e principios de novembro”.

Estas afirmacións, en forma de comunicado oficial na rede social sorprenderon a moitos e deron pé a un agre cruce de acusacións e puntualizacións entre o presidente da Asociación de Amigos do Pasatempo e a conta municipal que, malia demandas da oposición, o PSOE se resiste a aclarar quen administra. O directivo da entidade rebatía a información facilitada polo executivo local lembrando que “el informe de Vieites y Casabella en donde se declara el peligro de colapso es anterior a la caída del relieve del Estanque de la Gruta en febrero de 2017, otra cosa es que sigáis ahora otro informe posterior de los mismos autores”.

“Cada vez que os aplaudo o critico una actuación en facebook os etiqueto, no me escondo con indirectas, parecéis niñatos, vaya forma de llevar redes sociales, como el monólogo de Gila, ‘alguien ha matado a alguien'” reprochaba. “Si estáis insinuando que miente el grupo Parque del Pasatiempo decidlo claramente, y contestadme aquí si es o no verdad que en ese primer informe al que me refiero es o no anterior a 2017” retaba.

Proseguía lembrando que tal informe “no subisteis a la web de transparencia a pesar de las solicitudes de alguna fuerza de la oposición y que si se hizo público no fue hasta después del derrumbamiento de febrero de 2017”. “Por cierto, cuando las críticas son positivas ni una palabra, pero ante las críticas pataleta con media verdad de por medio” reprochaba ponderando a reacción do executivo socialista. “El Pasatiempo tiene el lamentable estado que tiene y vosotros sois los responsable de gobernar el concello, si no vais a respetar la acción de una asociación de protección del patrimonio es que ni entendéis de qué se trata ni tenéis claros los conceptos de democracia” zanxaba.

“Sed claros y concisos qué digo que sea mentira, no podéis acusar de algo sin decir exactamente que es ese algo. Cuando alguien publica algo que es mentira se intenta corregir, llamando mentiroso a alguien pero dejando que esa información continúe en redes simplemente realizáis un daño personal a alguien, pero no ponéis solución a esa supuesta mentira” demandaba ao voceiro do executivo local.

Manifestación convocada por Amigos do Pasatempo tras un derrubamento no parque

Interpelado na rede social tras iniciar o debate, o voceiro sen identificar do goberno local limitouse a asegurar que “lamentamos que le parezca mal nuestra contestación. Lo único que hemos hecho es aclarar una cuestión en la que se ponía en boca del Concello algo que no había dicho, en ningún momento, como hicimos en nuestr perfil oficial de Twitter. Muchas gracias” e facer público a continuación un cruce de chíos na rede social do paxariño azul.

de qué fecha ese ese informe?” pregunta o presidente de Amigos do Pasatempo ao non obter resposta do goberno local, recordando que “a finales de 2016 ya estaba redactado, podría haber mentido, sí, de 4 años a 3, pero seguimos en las mismas, lo grave del asunto se que se cae algo que no debería, se hacen unos trabajos que se indicaban en un informe con varios años, no semanas, meses, ni un año. El informe existía antes de la primera caída en el Estanque de la Gruta, ¿vais a negarlo?”.

A conta oficial do Concello optou por saír novamente pola tanxente, limitándose a dicir que “ayer preguntasteis en qué consistían las obras y el Concello contestó. Alguien tergiversó la respuesta y por eso lo aclaramos. Muchas gracias”. Nas dúas respostas, o perfil oficial do Concello de Betanzos conculca, cando menos dúas ordenanzas municipais aprobadas neste mandato: a de transparencia que obriga ao Concello a dar a información de calidade que os cidadáns requiran e a de normalización que obriga ao Concello a utilizar preferentemente o galego.

“Cuando se pone una cita entrecomillada es que es literal, nadie tergiversó nada, hice un análisis que fue mucho más allá de vuestra respuesta. Me gustaría que dijerais en este hilo desde cuando tenéis un informe
de Casabella y Vieites en que se dice que el templete estaba en peligro de colapso, sed transparentes, dejad claro a todos los que nos lean de qué plazos de reacción y respuesta estamos hablando. Muchas de nada” respondeu máis unha vez lacónico o presidente de Amigos do Pasatempo.

Na polémica aberta sobre o uso das redes sociais do Concello chegou a terciar o concelleiro de Cultura, mais non para aclarar ningún extremo que a rede social municipal ofrecera, senón para ofrecer querelas.

Campaña contra as fake news do goberno local

Tras o sucedido, a entidade emprendeu unha campaña nas redes sociais repasando os anuncios do goberno local durante esta lexislatura relacionados co parque, denunciando que son fake news por non pasar do anuncio en ningún caso. Aos tres días da polémica publicaban o seguinte:

Hay quien habla estos días de fake news, hay quien nos ataca y nos llama mentirosos. Empecemos pues, una serie de “malditas hemerotecas” dedicadas a la gente de la política. En este caso dos señores, el anterior alcalde de Betanzos y el presidente de la diputación, ambos compañeros de partido. Enero de 2016, 3 años han pasado ya, y nada de aquellas inversiones se han llevado a cabo.
“…anunció ayudas «fragmentadas en varias anualidades» para el parque enciclopédico del Pasatiempo de Betanzos, «para poñelo no seu sitio e dalo a coñecer a nivel nacional».”
Os dejamos la noticia para que veais que NO inventamos nada. Las fake news son cosa de los que mandan, como siempre.

No debate irrompeu un dirixente de Betanzos Novo demandando, sen máis, un cambio de goberno e que a súa formación o asumise nunha nube de hastags que mereceu reproche.

“Ademais do spam podiades explicar as medidas que propoñedes para o Pasatempo, explicar que pasou ca pasarela e o seu amaño ou os motivos do apoio ao PSOE en moitas iniciativas que logo non chegaron a nada ou que mesmo restaron, como esa intervención da pasarela” reprocháronlle.