O goberno local anuncia un contrato de 70 000 euros para renovar sinais

Cartel anunciador das festas de Oza nun sinal en Saavedra Meneses

O goberno local anunciou onte que contratará a instalación de 200 novos sinais nos núcleos rurais do municipio por un valor de 69 738,07 euros. Recoñece que actualmente mantén moitos indicadores nun pésimo estado de conservación ou con mala cisibilidade, o que leva a erros tanto á hora de circular como na propia información.

Así, o executivo local adianta que o contrato que vai sacar a licitación exixe sinaléctica direccional de tipo vertical, pero tamén indicacións de carácter turístico. Recollerán, ademais dos núcleos de poboación, lugares de interese turístico, deportivo ou de lecer e elementos patrimoniais. A eles súmase a renovación de indicacións de tránsito.