O Concello convoca bolsas para estudos universitarios

O rexistro municipal está no Edificio Arquivo, na planta baixa á dereita

O Concello de Betanzos abriu o prazo para solicitar bolsas de estudios universitarios e artísticos ou equivalentes para este curso. A contía das achegas oscilará entre os 187 e os 500 euros, según a renta da unidade familiar.

As bases foron publicadas no BOP do pasado venres 21, e establecen un prazo de solicitude de 20 días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación. As solicitudes deberán presentarse no rexistro municipal . Para poder optar a elas, ademais de aportar toda a documentación e cursar estudos nas ramas indicadas, non poderá terse débedas coa Facenda municipal.