O Ministerio de Fomento anunciou obras para evitar as inundacións na Ribeira

Vista parcial da Ribeira anegada

O Ministerio de Fomento anunciou que destinará 980.000 euros a executar unha serie de obras no tramo da N-651,  entre os quilómetros 0,0 e 0,5, ao seu paso polo Malecón da Ribeira, para evitar as periódicas inundacións que se rexistran na Ribeira. Segundo informou onte o departamento estatal, os traballos centraranse en realizar melloras no sistema de drenaxe e protección desta estrada.

A rede de drenaxe actual está composta por un conxunto de sumidoiro situados na marxe interior da calzada, adxacentes á liña de edificación. Os sumidoiro desembocan nun colector que desagua aos ríos Mendo e Mandeo. As obras proxectadas polo Ministerio de Fomento inclúen a construción dunha rede de drenaxe complementaria, a instalación dun pozo de bombeo con grupo electróxeno que se controle telemáticamente, a peche do muro do malecón e o acondicionamiento das zonas de acceso das embarcacións.

O proxecto recolle tamén a reposición do pavimento en todo o tramo afectado polas inundacións e a instalación de clapetas antirretorno na rede de drenaxe para permitir o paso do auga só nun sentido. A duración estimada das obras é de catro meses.

O Concello de Betanzos expresou onte a súa satisfacción pola ejecución dunhas obras largamente demandadas que permitirán minimizar os danos que rexistra esta zona, especialmente en días de pleamar e choivas. O Goberno local celebrou que o Ministerio de Fomento atenda finalmente as súas peticións para paliar os problemas que se rexistran na Ribeira coas subidas das mareas. O alcalde, Ramón García (PSOE), agradeceu ao Ministerio de Fomento que tivese “a sensibilidade de atender as peticións realizadas desde o Concello e que se incluíse esta actuación entre os proxectos de carácter urxente”.