María Lado e Lucía Aldao achegaron aos centros de secundaria o espectáculo “Aldaolado porque si”

María Lado e Lucía Aldao

O Servizo de Normalización Lingüística do concello de Betanzos e en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística do IES As Mariñas e o IES Francisco Aguiar organizaron esta actividade que consistiu en varias sesións do espectáculo “Aldaolado porque si” que tiveron lugar onte 4 de abril nos centros de ensino de secundaria betanceiros para 250 alumnos e alumnas de 3.º e 4.º da ESO, así como de 1.º de Bacharelato e Formación Profesional.

O espectáculo das poetas galegas María Lado e Lucía Aldao reflexionou sobre a relación que as poetas teñen coa súa lingua propia, o motivo polo que escolleron o galego e como o usan polo mundo adiante, para facer unha reflexión sociolingüística neste novo espectáculo exclusivo para os centros de ensino.

A actividade enmarcase dentro das diversas actividades dirixidas ao alumnado de primaria e secundaria dos centros de ensino da localidade con motivo do Día mundial da Poesía, coa finalidade de potenciar a sensibilidade e a imaxinación a través da poesía, ademais de promover e prestixiar o uso da lingua galega como ferramenta de creación literaria e artística.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies