Máis de 100 persoas concentraronse onte en Betanzos

Galería de imaxes da concentración de onte pola mañá na praza do Concello pola folga feminista do 8 de Marzo, día internacional da muller. A concentración foi convocada pola CIG e contou coa asistencia de moitas mulleres e tamén homes de Betanzos e da nosa comarca. O manifesto leuno unha traballadora do call centre de Unniversal Support no polígono de Bergondo e asistiron representantes do BNG, concelleiras do PSOE de Betanzos e tamén concelleiros de BN e BeC.