A Libraría Biblos e o café Lanzós celebrarán o Día das Letras Galegas con diferentes actos na praza da Verdura

A libraría montará un posto para sacar os libros á rúa e entre as 11 e as 21 h. organizan unha lectura de textos propios ou alleos de calquera xénero literario de máximo 5 minutos de duración.

Ademais ás 12 horas actuará o grupo de música folk tradicional A Fuliada, á 13 h comezará un mini taller de encadernación a cargo de Xosé Manuel Liñeira.

A partir das 17 h o coro Prímula de Paderne e o coro infantil da escola de música Clave de Fa cantarán temas galegos.

Ás 18:30 dará comezo o concerto da formación de jazz integrada por Pablo Sanmamede, Iago Mourinho, Bruno Couceiro e Xiao Berlai. Este último presentará o libro-disco “Descoñecido, que mestura banda deseñada e música.