Identifican a dúas persoas como supostos autores dun incendio en Piadela

O Hospital de San Antonio, actual pazo de Xustiza, na praza do Campo

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica da Coruña esclareceron un incendio iniciado o pasado luns 1 de outubro en Betanzosque calcinou unha superficie total de 0,32 hectáreas.

Segundo informou a Xunta, o incendio tivo lugar o pasado 1 de outubro, na parroquia de Piadela. Foi consecuencia dunha queima de restos de poda e agrícola, non autorizada e prohibida, nunha leira da propiedade dos dous presuntos autores, que se ausentaron do lugar sen apagar o lume.

Membros do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) tiveron que proceder á extinción das lapas naquel momento, segundo explicou o Goberno galego. O atestado foi remitido ao Xulgado de Instrución de garda de Betanzos.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas un total de 41 persoas como presuntas autoras de incendios forestales.