O goberno local ultima o dispositivo de seguridade para as festas

O goberno local prohibirá a presenza de menores e persoas con mobilidade reducida na zona de lanzamento do globo, á que só poderán acceder as persoas acreditadas polo executivo e a familia Pita. É unha das medidas adoptadas entre estes últimos, o goberno local e rotección Civil e Policía Local dentro do dispositivo de seguridade para o lanzamento do aerostato.

Ademais, haberá o xa habitual desvío do tránsito da praza do Campo os días 14, 15, 16, 18, 24 e 25 a conta dos desfiles, concertos e romaría dos Caneiros, para a que o executivo prevé repartir tamén folletos con indicacións de seguranza para as embarcacións. Durante os días de festa haberá tamén dispositivos especiais de tráfico co corte de circulación pola praza e o establecemento de zonas de aparcamento gratuitas na zona do Carregal, que permanecerán sinalizadas. Estes dispositivos de seguridade contarán coa colaboración da Garda Civil.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Diego Fernández, fai un chamamento para que tanto residentes como visitantes respecten as medidas e as instrucións que adopte a Policía Local e Protección Civil. Adianta que se impedirá que as motos acuáticas traspasen o límite da Ponte Vella.