O goberno local revisará a rede de saneamento tras rebordar novamente nas Monxas

O convento das Agostiñas Recoletas na rúa das Monxas. Imaxe de Turgalicia

O goberno local de Betanzos anunciou onte que inspeccionará a rede de saneamento da rúa das Monxastras rexistrarse un novo desbordamento de fecais nun tramo desta vía paralela ao Mandeo e á muralla medieval da cidade.

Os operarios municipais revisarán a canalización para comprobarse o problema deriva dalgunha obstrucción ou se a rede presenta fendas que orixinen filtracións nalgún tramo da rede de pluviais.

A revisión comprenderá todo o tramo do colector de pluviais que arrinca en Bellavista e que descende ladeira abaixo para discorrer a carón do río pola Cruz Verde, Ánxeles, Cañota e Monxas antes de entroncar na Ribeira co colector xeral que provén da Ponte Vella.