O goberno local require a 200 propietarios para que limpen parcelas a monte

O alcalde de Betanzos, Ramón García

O goberno municipal volveu anunciar que ven de requerir a máis de 200 propietarios de terreos a limpeza das súas parcelas en estado de abandono, tanto as situadas tanto na cidade como en zonas rurais. Os donos deben evitar o crecemento de broza e de especies que dificulten a visibilidade das vías públicas.

Os propietarios están obrigados ás limpezas segundo a lei de prevención e defensa contra incendios da Xunta, que data de hai unha década. O goberno local anuncia sancións para quen non cumpra coa normativa sobre desbroce.