O goberno local publica o listado de admitidos na escola infantil de San Francisco

A escola infantil municipal está nas Escolas Jesús García Naveira ou de San Francisco

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes á Escola Infantil Municipal Santiago de la Fuente, que comprende alumnado de entre cero a tres anos, o Concello fixo pública a listaxe provisional de admisión para o curso 2018/19.

A listaxe poderá consultarse na web municipal ou nas oficinas de Servizos Sociais, 10 días naturais a partir do día seguinte á súa exposición, é dicir, desde o día 18. Unha vez concluído o prazo, o Concello resolverá as alegacións presentadas e fará pública a listaxe definitiva de admitidos/as.

A escola infantil conta con cinco unidades, distribuídas entre as diversas idades comprendidas e conta con horario de mañá e tarde, e servizo de comedor.