O goberno local denuncia o roubo dos cisnes do Pasatempo

Os cisnes do Pasatempo nunha imaxe de arquivo

Unha parella de cisne vulgar residía desde hai bastantes anos no estanque da parte nova do parque do Pasatempo. Levaban unha vida tranquila, soportando algunhas trastadas dos cativos que visitan o parque, sen máis sobresaltos que evitar as gaivotas, sobre todo na época en que criaban aos seus polos- algúns dos cales, ao parecer, poboan a ría e se deixan ver polo Mandeo. Ata esta semana.

O goberno local denunciou nun escueto comunicado que publicou tamén nas redes sociais do Concello que “os coidadores do parque” descubriron a desaparición da parella de cisnes e dos ovos que estaban chocando. Unha parella de cisnes vulgares véndese en portais de internet por un prezo que varía entre os 600 e os 750 euros.