O goberno local dá por rematado o plan de alumeado de pasos de peóns

Pasos de peóns no centro

O Concello de Betanzos finalizou os traballos de mellora de seguridade viaria de 40 pasos de peóns en distintas zonas a través dunha nova iluminación led, especial para este tipo de sinais. As luminarias especiais resaltarán os pasos, salienta o executivo local nun comunicado.

O goberno local inscribe esta actuación nun suposto “plan de mellora da seguridade” viaria no que mete actuacións feitas hai anos, como a elevación de pasos de peóns- tres, na rúa Rosalía de Castro hai tres anos, pois os do porto elevounos a Xunta- e a instalación de sinais informativos con luces intermitentes.