O goberno local anuncia que instalou leds nos sinais de paso de peóns

O Concello de Betanzos instalou luces led intermitentes nos sinais que advirten da presenza de pasos de peóns  para que sexan máis visibles para os condutores e reducir así o risco de atropelo. Fíxoo en corenta pasos peonís, e algúns deles tamén os mellorou elevándoos sobre calzada.

Estes novos sinais están situadas en varias rúas do centro, en pasos próximos a zonas escolares, o Malecón, avenida Fraga Iribarne e estrada de Castela entre outras. En vías non municipais (a N-VI por exemplo) fixo a petición á administración competente para que poña bandas rugosas.