O goberno abre o prazo para as bolsas escolares comparándoas coas de 2011

Obras no colexio

O Concello de Betanzos abre hoxe, tras publicar onte no BOP as bases, o prazo de solicitude de becas de estudo para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2018-19. As axudas están dirixidas a alumnos do municipio matriculados en centros educativos da localidade en que se imparten ensinos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obligatoria.

As axudas percibidas oscilarán entre os 70 e os 100 euros, en función da renda das persoas solicitantes. Os impresos deberán presentarse en Servizos Sociais, nas antigas escolas do Asilo, malia os problemas que a presentación de solicitudes nese departamento ten provocado aos usuarios do servizo de mañanceiros.

O BNG denuncia que varias persoas quedaron fóra de “Mañanceiros” a causa da mala xestión do goberno

O goberno usa as bolsas para abrir a campaña

O ambiente preelectoral que se respira xa levou onte a María Barral, alcaldesa, responsable de servizos sociais e suposto cartel do PSOE ás eleccións, a utilizar as bolsas como arma electoral. Así, no comunicado de prensa remitido polo goberno local, a propia alcaldesa gábase dun suposto “incremento foi progresivo desde a nosa chegada” na política de bolsas. Porén, os socialistas evitan comparar a política de bolsas máis alá do último ano de goberno do PP, evitando comprometer á mesma Barral Varela que xa dirixía Servizos Sociais con Manuel Lagares de alcalde ata 2007.

Barral compara as cifras de 2011 coas actuais, asegurando que naquel ano eran 6000 euros para comedor e material escolar fronte as 22 000 euros que figuran no orzamento en total. “En 2012 duplicáronse os 6.000 do ano anterior, situándose en 12.500 euros, e en 2013 separáronse por primeira vez as bolsas para material escolar das becas de comedor, establecéndose 10.000 euros as de material, que en 2015 alcanza os 16.000, aumentando ?ata vos 22.000 euros actuais” asegura a alcaldesa.

Porén, a realidade sería moi outra. Segundo denunciou o BNG ao ter acceso á conta xeral do pasado ano, o investimento “real” en bolsas no pasado 2017 foi de “tan só 19 954,39 euros”. As nacionalistas recordan que o goberno local mandou “media ducia de notas de prensa gabándose da súa política de bolsas dicindo que investían 22000 euros en bolsas de material escolar e 10000 en bolsas para universitarios”. Segundo indica o voceiro do BNG, Henrique del Río, “a conta xeral pon de manifesto que o goberno local deixou un terzo destes cartos sen investir en educación a pesar de canto anunciaron”.

O BNG lamentou que o investimento “real” en bolsas no pasado 2017 fose de tan só 19 954,39 euros segundo a conta xeral