García cita aos seus predecesores na alcaldía para programar o 800 aniversario

O alcalde de Betanzos, Ramón García

O alcalde de Betanzos, Ramón García, citou onte na alcaldía a todos os seus predecesores vivos para perfilar o programa do 800 aniversario do traslado de Betanzos desde Tiobre ata o Castro de Unta. Na cita participaron Vicente de la Fuente, Antolín Sánchez Presedo, Manuel Lagares e María Faraldo.

Rexedor e exrexedores coincidiron en que a cita ten que ser o “acontecemento cultural” da primeira parte do século XXI na cidade. Todos eles acordaron que do programa de fastos, que terá que estar listo en menos dun ano, deberá encargarse un comisario nomeado a tal efecto.

Os exalcaldes, dous do mesmo PSOE que García, amosaron ao rexedor o seu apoio á iniciativa e comprometeron o seu apoio.

Incentivos fiscais

García explicoulle aos seus antecesores que para esta programación o Concello solicitou ao goberno español que considere o evento como acontecimento de excepcional interese público para que se lle outorguen beneficios fiscais ás empresas que concorran no patrocinio.