Gadisa recibe un premio pola súa protección ambiental

Sede de Gadisa no polígono de Piadela

A compañía, con sede no polígono de Piadela, recollou un galardón nos VIII Premios Líderes en Calidade, outorgado por Expourense, e resulta finalista nos IX Premios Corresponsables. Os premios recoñecen o labor da mercantil no campo da Responsabilidade Social Corporativa con dous recoñecementos que premian a súa contribución á preservación do medioambiente e o fomento de hábitos de vida saudable.

A firma foi distinguida nos VIII Premios “Líderes en Calidade”, concedidos por Expourense, na categoría de medioambiente, galardón que recolleu o director de comunicación, José Luis Fernández Astray. Desde a compañía salientan que apostan pola sustentabilidade “mediante a xestión eficiente de recursos e o apoio a institucións dedicadas á investigación e a sensibilización ambiental”. “Desde 1995 desenvolve unha política de reciclaxe reforzada no último exercicio, con incrementos en todos os materiais: no caso do plástico alcanzáronse as 776 toneladas; 6.904 tn de cartón; e 228 tn de madeira” explican, mentres que “os movementos de caixas plásticas reutilizables mantivéronse novamente por encima dos 5 millóns”.

Salientan ademais a reducción de emisións contaminantes mediante a colaboración con máis de 850 provedores locais e ofrécense aos clientes máis de 330 referencias de produtos ecolóxicos, así como o alumeado mediante sistemas led que reducen o consumo e o impacto da xeneración eléctrica no medio.

Así mesmo, GADISA resultou finalista nos IX Premios Corresponsables na categoría “Grandes empresas e fundacións de empresa” polo seu programa de visitas escolares “Alimentes”, nunha edición á que concorreron máis de 500 candidaturas de España e Latinoamérica.