Fracasa o Programa de Vivendas Baleiras de Xunta e goberno local

Unha vista parcial do Casco Histórico

Xunta e goberno local puxeron en marcha o Programa de Vivendas Baleiras para combater os desafiuzamentos e facilitar unha vivenda a persoas en risco en de exclusión social. O plan púxose en marcha a mediados de 2016, tras a firma dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e a Fegamp ao que se acolleu o goberno local para dar cumprimento a varias iniciativas sobre os desafiuzamentos.

O programa, ao que o goberno local se adheriu tras pedilo BN, foi un fracaso. O executivo explica que en total recibiu seis solicitudes demandando unha vivenda ao abeiro deste programa, catro en 2017 e dous durante este ano. Ningunha petición foi atendida. Segundo o goberno local, porque ningún propietario quixo poñer vivendas a disposición do Concello para este programa. As bases reguladoras recollían que os propietarios de pisos baleiros podían poñer a disposición de vivendas para o seu aluguer social por un importe máximo de 300 euros. A Xunta, por medio do IGVS, cubriría o seguro do fogar e mais outro para garantir o cobro das rendas, e a asistencia xurídica para propietarios.