Ferido de gravidade tras bater coa moto nun edificio de Saavedra Meneses

Toma de posesión dos novos axentes da Policía Local

Sobre as sete da tarde de onte un home colisionou, por causas que aínda non foron esclarecidas, contra un edificio situado na curva que describe a Avenida de Saavedra Meneses, na entrada de Betanzos desde Miño. O impacto foi de tal calibre que a motocicleta na que circulaba a persoa quedou en varias pezas. O home, bergondés de 47 anos, perdeu na colisión o casco, que quedou en anacos no lugar do impacto. Ademais dunha ambulancia medicalizada, ao lugar do sinistro acudiron axentes da Policía Local e Protección Civil de Betanzos.