A feira terá 14 novos postos de venda

As feiras terán a partir de agora catorce novos postos de venda de ata nove modalidades distintas como textil, bisutería, bolsos, zapatos, lencería, antigüidades, menaxe, droguería e perfumería. A concesión resolveuse por sorteo público entre as 31 persoas que solicitaron o posto e que cumprían os requisitos esixidos e as condicións establecidas na ordenanza reguladora de venda ambulante, segundo destaca nun comunicado o goberno local.

Suman en total, con estas novas incorporacións, uns 160 comerciantes.