Entrégase o suposto autor da morte na Cañota as vésperas de Noitevella

O Hospital de San Antonio, actual pazo de Xustiza, na praza do Campo

O presunto autor da morte dun home de 44 anos en Betanzos a fin de semana anterior a Noitevella e entregouse voluntariamente nas últimas horas. Confirmouno a Garda Civil, que levaba dúas semanas tentando localizar a esta persoa de orixe colombiano. Está previsto que pase a disposición xudicial esta mesma mañá.

Os feitos tiveron lugar a madrugada do 30 de decembro na rúa Cañota, no Casco Histórico de Betanzos. O home presuntamente asestou varias puñaladas no corazón á vítima en plena vía pública tras unha discusión nun bar desta rúa da zona da “movida” betanceira. Despois, fuxiu nun taxi. Baixouse en Guiliade, a uns cinco quilómetros do lugar do suceso e alí perdéuselle a pista.