O PP esixe que se cambie a saída do aparcamento da plaza Hermanos García Naveira

O voceiro do PP nunha comparecencia con varias edís

O Partido Popular presentaba na sesión plenaria que se celebrou o martes unha instancia e rogo ao Goberno Municipal para que na medida dos posible realizase as accións necesarias para modificar a saída interior do parking situado baixo a Praza Hnos García Naveira. Dita proposta , vén dada polas continuas queixas e malestares que numerosos usuarios destas instalacións trasladaron ao PP, segundo informaron, nas últimas semanas e nas que se detallaba por parte dos afectados as serias complicaciones que existen á hora de saír destas instalacións.

Cabe recordar, que nos inicios de actividade desta infraestrutura a entrada/saída era á inversa, quizais por iso e tendo en conta como se atopa na actualidade a saída desde o interior, ao contrario dos seus comezos, provoca dificultades e graves situacións nos vehículos que teñen que saír deste aparcamento subterráneo. Probablemente, e tras observar a saída de diversos turismos e atender ás recomendaciones dalgún usuario, as modificacións a realizar serían con respecto á posibilidade de variar a situación da cabina existente na saída e conseguir deste xeito maior amplitude de xiro e espazo para unha saída máis limpa e sen que dane de forma tan frecuente,como sucede na actualidade , aos turismos. Uns danos que provocan obviamente grandes malestares e queixas como se mencionaba con anterioridad.

Por iso, na sesión plenaria celebrada no día de onte o portavoz popular, José Angel Rodríguez, presentaba na quenda de rogos ao goberno municipal esta problemática, dando traslado deste xeito ás reivindicacións que se comunicaron á formación popular por parte de usuarios destas instalacións.

Concesión exenta de pago polo cambio de sentido

A empresa concesionaria está neste momento exenta de pago polas obras efectuadas hai anos para cambiar a entrada e saída do aparcamento, de maneira que non fai ningún ingreso ao concello.