Dous novos axentes completan a plantilla da Policía Local

Toma de posesión dos novos axentes da Policía Local

A Policía Local de Betanzos conta con dúas novas incorporacións. Trátase de Diego García Fariña e Laura González Gil, primeira muller axente que formará parte da Policía brigantina. No mesmo acto, tomou posesión como oficial, Javier Fernández Seijo.

Na fotografía, o alcalde, Ramón García, xunto co edil de Seguridade, Diego Fernández; o secretario municipal; a policía Laura González Gil, o inspector Manuel Seijo, o inspector xefe Xosé Henrique Fidalgo; Diego García Fariña e Javier Fernández Seijo.

Case tres anos para cubrir as prazas

O proceso que remata con esta toma de posesión anunciada polo goberno local iniciouse coa oferta de emprego público asociada ao orzamento do ano 2015. Estas contas, aprobadas en verán daquel ano, contemplaban fondos para afrontar a cobertura das baixas dun axente e un cabo da policía local. Case tres anos despois, e logo de ter o proceso paralizado durante meses e de ser obxecto de recursos, o proceso culmina coa toma de posesión.