Diego Fernández e Andrés Hermida colócanse novamente na executiva provincial do PSOE

Diego Fernández é o concelleiro de persoal

Candidatura única para a executiva provincial do PSOE que o presidente da Deputación encheu de deputados provinciais socialistas e outros cargos institucionais do partido, integrando á que foi a súa rival no proceso. No reparto de postos para acadar unha lista unitaria, Valentín González Formoso certifica o devalo do peso do socialismo brigantino no conxunto da provincia, onde cobran protagonismo outros municipios do partido xudicial betanceiro a costa da outrora poderosa agrupación local.

Entre o núcleo duro deseñado polo presidente da Deputación está a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, e mais o alcalde de Pontedeume, home forte do PSOE no partido xudicial betanceiro, Bernardo Fernández. O socialismo brigantino, que tiña tres persoas colocadas na executiva anterior, que

Hermida nun acto electoral do PSOE

presidía Julio Sacristán, queda con dous representantes, Diego Fernández, que será Secretario de Agrupacións Locais, e Andrés Hermida, delegado no comité provincial. Hermida viña sendo secretario de novas tecnoloxías ata a data. A sacrificada é a edila de Servizos Sociais, María Barral, que ocupaba a secretaría de servizos sociais na anterior executiva provincial. Entra na dirección provincial a edila de Miño Catalina Morado.

Con todo, o PSOE betanceiro publicou un comunicado nas redes sociais asegurando que “terá un papel importante na nova estructura provincial que ven de aprobar o III Congreso Provincial celebrado esta fin de semana” e dando conta do nomeamento dos seus dous edís dentro do reparto de cuotas realizado polo presidente da Deputación para lograr a aclamación da súa proposta.

O PSOE betanceiro posicionouse a prol de Juan Díaz Villoslada fronte ao actual secretario xeral do socialismo galego, Gonzalo Caballero, no proceso para elixir á actual dirección do PSdG.