A Deputación licita unha nova análise do estado do Camiño Inglés

Imaxe do evento Primavera no Camiño que se celebrou en Betanzos

A Deputación da Coruña sacou a licitación un contrato menor para realizar a avaliación e diagnóstico do estado actual do Camiño Inglés. O orzamento deste traballo é de 18.137 euros, IVE incluído.

O organismo provincial e a Axencia Galega de Turismo realizaron de forma conxunta en 2013 varias actuacións relacionadas coa promoción, dinamización e fomento do turismo, xunto coa propia mellora do Camiño recuperando espazos naturais degradados e mellorando o seu accesibilidad e emprego de novas tecnoloxías.

Con toda esta actuación realizouse un diagnóstico final sobre o Camiño Inglés pero a Diputación considera que é necesario facer outro debido aos cambios importantes no propio trazado e na xestión do propio Camiño que obriga a “actualizar” os datos e para “planificar de forma máis adecuada” as actividades que se organizarán.

O Camiño inglés une os portos de Ferrol ou a Coruña con Santiago de Compostela. O que parte de Ferrol atravesa a nosa comarca polos concellos de Miño, Paderne, Betanzos e Abegondo.