A Deputación aprobará no Pleno de hoxe 600 mil euros para o Pasatempo

Visita do BNG coa asociación de amigos do Pasatempo

A Deputación da Coruña, gobernada polo PSOE e o BNG, aprobará hoxe no Pleno o financiamiento das obras de rehabilitación para O Pasatempo en Betanzos. En total, a Administración destinará un orzamento de 600.000 euros para os traballos de reparación do Parque. Valentín González Formoso, presidente da Deputación, afirmou que esta partida «supón un esforzo económico importante, que responde ao compromiso adquirido por este Goberno provincial para apoiar ao Concello na recuperación e posta en valor dun ben singular, dun espazo de referencia para Betanzos». Aínda así, González, quixo matizar que «a lexislación vixente establece claramente que a conservación do patrimonio cultural e histórico é competencia da Xunta».

Pola súa banda, desde o Concello manifestaron o seu agradecemento e anunciaron que desde o executivo local aportarán outros 150.000 euros para sufragar conjuntamente os gastos de recuperación do espazo construído polos irmáns García Naveira. Desta forma, o investimento total para as tarefas de reparación do parque alcanzaráría os 750.000 euros.

Negativa da Xunta a investir no Pasatempo

A Xunta de Galicia pola súa banda pese a anunciar o inicio da declaración BIC, ao que condicionara o financiamento da rehabilitación aínda non preveu ningún tipo de investimento na recuperación do parque.