Denuncian que o goberno local adebeda a suba salarial do 2018 ao persoal municipal

Diego Fernández, concelleiro de Persoal, e María Barral, alcaldesa

A CIG denunciou por medio dun comunicado que o executivo local adebédalle ao persoal os atrasos da suba retributiva do ano 2018, arrastrando un retraso de seis meses en facer este pago. Deste xeito, o persoal muncipal “aínda non cobraron os atrasos da suba retributiva contemplada nos orzamentos do Estado aprobados no pasado mes de xullo”.

“Esta suba do 1,5% desde xaneiro e dun 0,25% a maiores desde xullo foi aplicada por primeira vez coa nómina de outubro de 2018, non obstante o Concello, a finais do mes de decembro aínda non foi quen de pagarlle os atrasos desta suba ao persoal municipal, a pesar de que leva varios meses dicindo que o vai facer” explican desde o primeiro sindicato entre o persoal laboral municipal.

A Intersindical Galega considera que “o peor de todo é que todo apunta a que pagará no ano 2019 os atrasos dunha suba retributiva de 2018, cargando eses cartos ao orzamento de persoal do ano 2019, cando en realidade deberían corresponder ao 2018”. Denuncian que o que correspondería é que “na nómina de xaneiro xa se debería producir o incremento relativo ao ano 2019 e publicado recentemente no BOE”. Á vista do precedente advirten xa que “haberá que estar pendente se este se fai en tempo e forma, toda vez que seis meses despois non se cobraron os atrasos do incremento de 2018”.