Denuncian o uso do Pazo Municipal como almacén

Imaxe do Concello de Betanzos

Os delegados de prevención de riscos do Concello veñen de presentar unha queixa polo uso da Casa Consistorial como almacén durante o verán. “Hai xa varios anos e con motivo de diversos eventos os delegados de prevención de riscos laborais vense na obriga de presentar queixar porque o Concello teima en utilizar a Casa Consistorial como almacén, co que isto supón para os traballadores e para a cidadanía que accede ao edificio” explican nun comunicado que a CIG publicou no seu web. “Estas oficinas convértese nun almacén de instrumentos, cadeiras e estandartes varios, ademais o continuo trásito de trastes dificulta o traballo das oficinas e imposibilita que a actividade administrativa se poida desenvolver con normalidade” denuncian.

“A queixa vén dada porque este edificio non está avaliado como almacén e o Concello de Betanzos, no seu total desprezo polo traballo que desenvolve o persoal que traballa nestas oficinas, ignora as queixas dos delegados e do persoal afectado” explican.