Denuncian na Inspección de Traballo o colapso do arquivo xudicial betanceiro

O Hospital de San Antonio, actual pazo de Xustiza, na praza do Campo

O sindicato CUT denunciou ante Inspección de Traballo o “colapso” do arquivo xudicial de Betanzos. Advirten do “perigo” para os traballadores que supón a acumulación de gran cantidade de expedientes en estancias sen ventilación e co risco de sufrir un accidente ao tropezar con “caixas e outros obxectos que impiden o tránsito por ese mínimo espazo”.

Aseguran que os expedientes amoréanse nas escaleiras de acceso ao arquivo porque a súa capacidade “está superada fai tempo”. Salientan que os arquivos deberían estar en plantas soto ou baixas dado que os edificios xudiciais non están construídos para soportar tanto peso, e achaca a este factor a aparición de fendas nas paredes anexas ao arquivo betanceiro.

Neste sentido, reproban o “pasotismo da Dirección Xeral de Xustiza”. Ameazan con emprender mobilizacións de non se cambiar de ubicación.