Denuncian que o goberno local oculta os pagos por horas extras ao persoal

Diego Fernández, concelleiro de Persoal, e María Barral, alcaldesa en funcións

A CIG revelou que o Comité de Empresa solicitou novamente a información sobre as horas extraordinarias que o Concello ten que pagar aos seus empregados. A Intersindical Galega denuncia que o goberno local “leva nove meses sen lle entregar aos representantes dos traballadores” esta información.

Desde a central sindical nacionalista recordan que antes de faces esta nova solicitude, presentaron unha denuncia na Inspección de Traballo. Segundo o propio inspector, que contactou cos representantes dos traballadores, desde o goberno de María Barral terían comprometido aportar esta información nunha xuntanza esta semana.

“A gravidade deste caso, non só reside, en que con estes feitos o Concello incumpre o Convenio colectivo en vigor e pasa dos riba dos informes do persoal municipal, senón en que o Comité de Empresa leva xa varios anos tendo que acudir á Inspección de Traballo para que o Concello de Betanzos lle entregue e documentación que debería facilitarlle con carácter mensual e periódico” advirten desde a CIG.