Denunciado por circular a 117 quilómetros por hora polo centro de Betanzos

A Policía Local de Betanzos instrúe dilixencias penais contra un condutor, veciño de Sada, que circulaba a 117 quilómetros por hora polo centro urbano, nunha zona de velocidade limitada a 40 quilómetros por hora. O condutor foi detectado por un radar situado na avenida de Castela, moi preto da céntrica praza García Irmáns.

A policía púxose en contacto con este condutor, de 31 anos de idade, que acudiu días despois as súas dependencias policiais. Segundo avanzan os efectivos, este mozo enfróntase a unha pena de tres a seis meses de cárcere, ademais da unha multa do pago dunha cota diaria entre tres a seis meses e á privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por un período de ata catro anos.

A Policía Local aproveitou onte para recordar que realizan diversas campañas de control de velocidade en puntos sensibles da zona urbana, como nas rúas próximas a colexios ou á escola infantil ou en barrios con alta densidad de poboación.