Convocada unha nova edición do concurso de carteis de Nadal para escolares

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Todo o alumnado que estea a cursar a educación primaria e secundaria ou equivalente no noso municipio poderá presentar un traballo en cartolina de 40×30 cm e en galego, tanto de xeito endicidual como en grupos de un máximo de tres alumnos, para participar no concurso de carteis de Nadal, cuxo tema será, obviamente, esta festa.

O prazo para presentar estas obras no departamento de Cultura do Concello (situado no primeiro andar do Pazo Municipal) acabará o martes 20 de novembro.

De entre todas as obras, un xurado composto pola alcaldesa e profesorado dos distintos centros escollerá a obra gañadora, que ilustrará o programa de festexos. Todos os participantes terán un pequeno agasallo. As bases están no web municipal.