O Conservatorio fará os exames de setembro do 3 ao 7

O Conservatorio ocupa os restos do mosteiro de San Francisco

Os exames da convocatoria de setembro do Conservatorio Municipal de Música “Carlos López García-Picos” serán na semana do 3 ao 7 de setembro. O alumnado que asista a esta convocatoria por ter materias pendentes formalizará posteriormente a matrícula para o vindeiro curso entre o luns 10 e o venres 21 de setembro.

En troques, o alumnado que non ten materias pendentes para a convocatoria de setembro, así como aquel que superou a proba de acceso ao 1.º curso, pode formalizar a matrícula para o curso 2018/2019 nas Oficinas Xerais do Concello de Betanzos (praza de Galicia, Edificio Arquivo, chamado Liceo) entre o luns 25 de xuño e o venres 13 de xullo de 2018.