O Concello reparte trampas contra a vespa velutina

Niño de avespa velutina

O Concello de Betanzos anunciou onte que entregará de forma gratuita a partir de hoxe trampas para cazar velutinas, para colocar en zonas nas que os veciños detectaron presenza destes insectos. Estes aparellos serán entregados aos veciños no edificio Liceo, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.30 horas, de luns a venres ata fin de existencias. Entregaranse a veciños do municipio.

O edil de Seguridade, Diego Fernández, presentou onte, xunto a membros de Protección Civil, a campaña coa que se pretende colaborar cos veciños para evitar a aparición de niños de velutina. Utilizarase un recipiente de plástico que contén no seu interior unha sustancia con zume de arándanos que se mestura con auga. O Concello apunta que “é fundamental colocar estas trampas nesta época xa que é a idónea para capturar raíñas, xa que cada raíña capturada significará un niño menos.

O executivo leva adiante así unha iniciativa que o BNG demandou no pleno, ao alertar do impacto que esta especie invasora tiña na actividade económica, debido aos danos que a avespa produce na froita madura. Os nacionalistas alertaron do dano no sector do viño, un campo que loita desde hai anos por desenvolver todo o seu potencial económico e que o ano pasado sufriu o ataque deste insecto.