O Concello reparte bolsas plegables para promocionar os mercados

O Concello de Betanzos iniciou unha campaña de promoción dos mercados municipais, tanto do situado no casco histórico como o das feiras que se celebran na praza do Campo os martes, xoves e sábados. “Calidade preto de ti” é o lema desta campaña, que se incluirá nas máis de 1.500 bolsas plegables que se repartirán entre os clientes e que segundo a concelleira tamén axudarán “á eliminación do plástico”.

O Concello recordou que nos últimos anos xa fixo outras accións como arranxar a cuberta e poñer novas portas ou as mamparas de separación entre os postos.