O concello pide a Loterias e á ONCE un sorteo en Betanzos polo 800 aniversario

Sánchez Presedo, García, Faraldo, De la Fuente e Lagares na alcaldía. Foto do Concello

Betanzos quere celebrar ao grande o 800 aniversario da cidade, que se celebrará o próximo febreiro. Co obxecto de difundir esta cita histórica, o Concello proxecta diversas accións de ámbito nacional. Entre elas, unha campaña coa colaboración de Loterías e Apostas do Estado e coa ONCE.

O alcalde, Ramón García, ha contactado cos organismos para celebrar un sorteo da Lotería en Betanzos e outro da ONCE con imaxes nos décimos e cupones do aniversario.

A pesar das múltiples achegas de diferentes grupos e veciños e veciñas polo momento o Concello só fixo públicas as que sairon da reunión de ex-alcaldes que se celebrou por este motivo.