O Concello inicia os contactos para buscar solucións ao ‘botellón’

O Paseo da Tolerancia é un dos lugares habituais de botellón

O Goberno local anunciou onte que comeza unha rolda de contactos con distintos colectivos para tentar buscar solucións ao botellón no municipio. A Unidade de Prevención de Condutas Adictivas da Concellería de Servizos Sociais, en colaboración coa Consellería de Sanidade, puxeron en marcha unha campaña de información aos mozos directamente en zonas de botellón ou de locais nocturnos. O obxectivo é advertir aos mozos das consecuencias do consumo de bebidas alcohólicas e platear alternativas saudábeis ao botellón.

Pola súa banda, a alcaldesa, María Barral, mantivo diversas reunións con representantes veciñais. O obxectivo é coñecer de preto os problemas que se xeran e tratar de poñer solución entre todas as partes, xa que, di, “o que non podemos permitir desde o Concello é que mentres uns divírtense a outros llo quite o seu dereito ao descanso”.

O BNG presentou unha moción sobre este tema no Pleno de agosto

A moción dos nacionalistas, debatida no Pleno o pasado e aprobada por unanimidade, pedía unha programación estable de lecer alternativo, campañas de concienciación sobre limpeza, respecto ao entorno e prevención de violencia sexista adaptadas á xente nova que fai botellón e campañas de prevención do alcolismo no conxunto da sociedade, botando en falta accións concretas e continuadas por parte do goberno local durante todo o mandato para buscar unha solución pacífica e consensuada de cara a evitar os problemas de limpeza e convivencia que, aseguraron, non son exclusivos do botellón senón que se repiten en todas as aglomeracións de carácter festivo.

O goberno local, que apoiou a proposta do BNG, non deixou de arremeter contra ela, asegurando que hai unha relación de causalidade directa entre mocidade que fai botellón e alcolismo, vinculando directamente o botellón a un problema de saúde pública e mesmo de orde pública.