O Concello inicia as obras de substitución de redes en Lanzós e a Cerca

Unha vista parcial do Casco Histórico

O Concello de Betanzos  anunciou onte que comezará nos próximos días as obras da substitución de canalizacións e pavimento nas rúas da Cerca e Lanzós, no Casco Histórico. As obras acometeranse a través dun plan provincial. Na rúa da Cerca levaranse adiante a substitución da rede de saneamiento e abastecemento existentes xunto co acondicionamento da pavimentación coa demolición dos tramos de formigón e pedra en chapacuña, tanto da calzada como das beirarrúas, e a provisión dos perpiaños e canterías existentes na Porta do Cristo e das pedras de granito nos entronques desta rúa coas distintas travesías que conectan A Cerca e A Travesa para reubicalas no mesmo lugar conservando a esencia.

O mesmo farase na rúa de Lanzós, conservando as laxes de granito das escaleiras e instalándose un novo pavimento de lousas de granito, de dez centímetros de espesor na Cerca e de seis en Lanzós. Tamén aquí serán substituídas as redes de saneamento, pluviais e abastecemento, con novos pozos de rexistro, sumidoiros e acometidas.