O Concello extenderá o piso de granito a varias rúas do Casco Histórico

O goberno anunciou onte que este mes comezarán finalmente as obras de mellora da rúa da Cerca, que xa anunciara varias veces o comezo destas obras en coordinación coa Xunta de Galicia desde decembro do pasado ano. O proxecto contempla a execución de obras na rede de saneamento e abastecemento de augas e a pavimentación, eliminando a chapacuña actual.

Colocaranse losas de granito de 10 cm de espesor na rúa da Cerca e de 6 cm na travesía Lanzós coa colocación dos peldaños e losas de cantería que se levantarán da Porta do Cristo e a Ponte Vella. Este proxecto vai na mesma liña que o executado na Rúa nova.