O Concello de Betanzos e a Xunta unifican criterios na declaración BIC do Pasatempo

O frontal da gruta da Recoleta coa controvertida pasarela en primeiro termo

O alcalde de Betanzos, Ramón García, mantivo onte unha reunión coa directora xeral de Patrimonio para unificar criterios na declaración do parque do Pasatempo como ben de interese cultural (BIC). Tralo encontro, o regidor asegurou que o Concello e Patrimonio «irán da man neste asunto para unificar criterios técnicos que se incluirán na rehabilitación da parte histórica do parque enciclopédico». Avanzou que a Xunta elaborará un informe coas bases técnicas que deberán incluír o documento, o que permitirá acelerar o proceso.

O Concello de Betanzos e a Xunta manteñen unha colaboración non só política senón tamén técnica e administrativa para unificar criterios á hora de rehabilitar o parque do Pasatempo e continuar coa tramitación da súa declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), acurtando así os prazos de execución. O Concello presentou alegacións no prazo que ven de rematar pedindo á Xunta que recurte a zona de afectación do BIC e exclúa algunhas zonas das propostas no informe. O alcalde non explicou se a Xunta está na mesma liña e disposta a aceptar esta alegación, contraria ás presentadas polo BNG e a asociación de amigos do Pasatempo.

García asegurou que o Concello e Patrimonio “irán da man” para “unificar os criterios técnicos que se incluirán na rehabilitación da parte histórica do Pasatempo”. O rexedor agregou que Patrimonio elaborará un informe coas bases técnicas que terán que “incluírse no documento técnico de ejecución dos traballos, reflectindo todo o que establece o BIC”.

O alcalde asegura que desta forma “adiantaríanse prazos” á hora de realizar a rehabilitación, que se levará a cabo xusto en canto O Pasatempo sexa declarado BIC, aínda que non aclararon con que fondos nin se hai un compromiso da Xunta para financiala.