O Concello de Betanzos comezou esta semana as obras de mellora da rúa da Cerca

O Concello de Betanzos comezou esta semana as obras de mellora da rúa da Cerca. Os traballos, que se executan con fondos da Deputación Provincial, forman parte dun programa de mellora de rúas do casco histórico, dentro do que tamén se remodelaron Ferradores e Fonte de Unta. O proxecto da Cerca inclúe a execución de infraestruturas destinadas a mellorar a rede de saneamento e abastecemento, así como á pavimentación.

Os traballos coordinaranse coas obras de recuperación de vivendas adquiridas pola Xunta. A rúa permanecerá cortada parcialmente en función do desenvolvemento do proxecto. A Deputación inviste no plan de mellora das vías 450.000 euros.