O Concello de Betanzos anunciou onte que comprará outra parella de cisnes para o parque do Pasatempo

Os cisnes do Pasatempo nunha imaxe de arquivo

O Concello de Betanzos anunciou onte que comprará outra parella de cisnes para o parque do Pasatempo tralo roubo da anterior. Os coidadores do parque informaron a principios desta semana da desaparición das aves que vivían desde fai anos no parque, así como dos ovos que estaban incubando.

O Concello dá por feito que se tratou dun “roubo” e avanzaba onte que iniciará os trámites para adquirir unha nova parella.