O Concello de Betanzos acaba de presentar o plan de actuación municipal ante o risco de inundacións

Vista parcial da Ribeira anegada

O Concello de Betanzos acaba de presentar o plan de actuación municipal ante o risco de inundacións. O documento pode consultarse na web do Concello e detalla ata dez zonas con especial risco de rexistrar anegamientos por desbordamentos dos ríos Mandeo e Mendo e o regato de Caraña.

O plan inclúe unha ficha de cada zona de risco co protocolo a seguir para reducir ao máximo os danos en caso de inundación. A ficha inclúe as alternativas viarias en caso de anegamiento, as vivendas, infraestructuras e industria que poden verse afectadas e a posible afección ao medio ambiente, patrimonio e redes de servizo.

– Caraña do Medio. Este punto a beiras da N-651 rexistra inundacións por desbordamentos do río Caraña. O plan detalla que estes episodios prodúcense en días de choivas intensas nos que o río baixa cun gran caudal e arrastra ramas que se atascan na ponte e crean unha especie de presa que fai que a auga se desborde. As inundacións afectan a vivendas e non producen danos relevantes nos servizos nin vías de comunicación, detalla o plan. O protocolo de actuación para esta zona pasa pola limpeza de ramas e outros obxectos arrastrados pola corrente e por informar aos residentes para que tomen as medidas oportunas.

– Caraña do Abaixo. Este punto rexistra tamén inundacións en días de choivas intensas polo desbordamiento do río Caraña.

– Praza Enrique IV. Episodios de mareas altas e choivas intensas causan anegamientos nesta praza a beiras do Mandeo. Os episodios afectan a vivendas particulares e á propia praza, que proporciona estacionamento durante as festas do verán e acolle un magosto e actos festivos polos Remedios, segundo detalla o plan. O documento destaca que as inundacións non afectan a viais nin causan afecciones relevantes en servizos, patrimonio e medio ambiente. O protocolo que establece pasa por informar aos veciños para que adopten as medidas oportunas.

– Paseo do Malecón e edificios do Grupo Brigantium. Choivas intensas e mareas altas provocan inundacións no paseo, os baixos comerciais e de hostelería e as vivendas. O protocolo en caso de alerta inclúe informar aos veciños, desviar o tráfico dos vehículos que circulan pola N-651 e a instalación de pasarelas para que os veciños poidan acceder ás vivendas do Grupo Brigantium.

– Paseo Ramón Beade. As inundacións en días de choivas intensas ou marea alta rexístranse na contorna da nave comercial agrícola Vicente de la Fuente. Os desbordamientos do río Mandeo neste punto non afectan de forma relevante ás redes de saneamiento e abastecemento nin ás infraestructuras de comunicacións ou ao patrimonio. O plan de actuación inclúe dar aviso aos responsables da nave ante calquera fenómeno meteorolóxico adverso e a obrigación dos propietarios do almacén de manter afastados das zonas inundables os materiais que sexan susceptibles de contaminar as augas.

– Área recreativa do antigo lavadero municipal. A subida do nivel do río Mendo polas mareas ou episodios de choivas intensas provocan inundacións puntuales nesta zona de esparcimiento. O plan detalla que os anegamientos non provocan danos importantes e recolle que, en caso de alerta, informarase aos veciños e precintarase a entrada ao área recreativa.

– Rúa Cascas. As inundacións por desbordamientos do Mendo rexístranse á altura dos números 5 e 7. O plan destaca que non provocan danos de relevancia nos servizos nin no patrimonio e medio ambiente. Ante unha alerta por fenómenos adversos informarase aos veciños para que adopten as medidas oportunas e Protección Civil colaborará no achicado de auga de garajxes en caso de desbordamentos considerables.

– Lugar A Acea. As inundacións neste punto por subidas do nivel do Mendo ou a acumulación de ramas no leito do río afectan sobre todo a vivendas unifamiliares (a máis próxima ao río está deshabitada). O plan detalla que a estrada que dá acceso ao núcleo queda anegada durante as crecidas e que os veciños deben acceder ás casas a pé atravesando as leiras ou en zodiac. O protocolo inclúe informar aos veciños e interesarse por si necesitan comida ou medicinas.

– Roibeira. As inundacións afectan a vivendas e anega a estrada principal, aínda que se pode acceder ao núcleo a través do camiño de Cal das Barras. O protocolo inclúe advertir a veciños e a limpeza do río para evitar atascos.

– Piñeiro. Afecta a un núcleo de vivendas baleiras. O protocolo non inclúe medidas.