O concello convoca unha nova edición do certame de Monólogos con premios de ata 500 euros

Imaxe da primeira edición do concurso de monólogos

O Concello de Betanzos abriu a convocatoria da cuarta edición do seu certame de monólogos cómicos, que se celebrará o 14 de setembro no cine Alfonsetti.

O gañador recibirá un premio de 500 euros, mentres que o segundo clasificado gañará 380. O público concederá ademais outro premio de 350 euros que poderá ser destinado tamén aos dous anteriores galardonados. O Concello dará axudas para o desprazamento a todos os participantes e proporcionará aloxamento a quen procedan de localidades afastadas.